Un roteiro polo Ferrol das mulleres

O Campus de Ferrol organiza un percorrido polos puntos máis destacados da historias das mulleres da cidade
concepcion1-z

O Campus de Ferrol, a través do seu departamento de cultura, organizará o próximo sábado un roteiro  baixo o título «Ferrol8M: Unha cidade de mulleres». Trátase dun percorrido pola cidade a través das mulleres que fixeron e deixaron a súa pegada na cidade. Unha viaxe no tempo a través das vidas de Concepción Arenal, Ángeles Alvariño, Hildegart ou Ángela Ruíz Robles, mulleres costureiras, redeiras, lavandeiras, carrexadoras, augadoras, mestras, científicas, escritoras e intelectuais.

Este roteiro tratará de achegarse ao pasado de Ferrol e dar a coñecer algo máis desa historia a miúdo invisibilizada, a historia das mulleres que viviron ou pasaron pola cidade en diferentes épocas históricas.

O percorrido sairá o sábado día 7 as dez da mañá da Casa do Patín, no barrio de Esteiro, seguindo polo Campus de Ferrol, Cantón, Praza da Constitución, Praza de Galicia, Rúa Concepción Arenal e Barrio da Magdalena, ata os xardíns de Herrera. Terá unha duración total duns 90 minutos.

O roteiro é de balde, pero é precisa a inscrición previa a través de [email protected] ou do teléfono 881 013 692.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.