Unanimidade entre os grupos do pleno de Ferrol para bonificar a taxa de terrazas ata o 31 de agosto

A corporación aprobou cos votos en contra do PSOE a moción de FeC para adxudicar os postos do mercado de Caranza
pleno

O pleno do Concello de Ferrol celebrado onte a tarde por vía telemática aprobou por unanimidade no punto 4 a proposta de modificación da ordenanza reguladora das terrazas con finalidade lucrativa do dominio público. Deste modo, os hosteleiros ferroláns non terán que pagar dito imposto municipal desde o 14 de marzo ata o 31 de agosto.

A corporación ao completo tamén deu o visto bó a algúns proxectos construtivos como a reparación do espazo pechado pola galería grande na Asociación de Veciños da Graña, na rúa Real Alta 24; ao proxecto de aglomerado da estrada Papoi-Mandiá ou ao aglomerado en camiño do Buil, camiño da Cruz e rúa das Lousas, en Serantes.

Tamén tivo o visto do pleno, cos votos en contra do PSOE, a moción presentada polo grupo de Ferrol en Común para adxudicar os postos do mercado de Caranza, reformado o pasado ano por un importe de case 800.000 euros e que aínda no está formalmente ocupado.

Pola súa banda, aprobouse por unanimidade a moción do Partido Popular de modificar as ordenanzas fiscais correspondentes ás terrazas, a venda ambulante e autorización de postos nos mercados municipais co obxectivo de axudar aos autónomos e pequenos empresarios que se viron afectados polo COVID-19.

Ademais, aprobouse co voto favorable de todos los grupos, unha declaración institucional para instar á Real Academia Galega a prolongación ao 2021 da homenaxe a Carvalho Calero no Día das Letras Galegas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.