Unha das máquinas quitaneves cedidas polo Ministerio desinfectou onte as zonas rurais de Ferrol

Os vehículos van cargados con 6.000 litros dunha solución desinfectante de auga e livixia
DSCN5349

Unha das dúas máquinas quitaneves do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que chegaron a Ferrol para combater a propagación do coronavirus percorreu no día de onte a zona rural. Trátanse de vehículos que o alcalde, Ángel Mato, solicitou á Subdelegación do Goberno o pasado sábado, 11 de abril, tras a celebración da Xunta Local de Seguridade. Os camións conta cunha capacidade de 6.000 litros dunha solución desinfectando de auga e lixivia.

Nesta ocasión, un deles percorreu de novo o núcleo urbano de Ferrol e o segundo dispensou o produto desinfectante pola zona rural, pasando por Raposeiro, as avenidas do 19 de Febreiro e de Grandal, A Cabana, A Graña, Valón, o núcleo de Doniños, San Xurxo, Beceiro, o núcleo de Covas, e as estradas de Covas desde Chamorro, a de Xoane e a de Catabois. Ambalasdúas quitaneves partiron escoltadas por coches da Policía Local, dos Bombeiros e do Ministerio de Transportes, que lles abrían paso para dispersar o axente virucida por beirarrúas e espazos públicos.

O Concello ten programado seguir utilizando nas próximas datas ditas máquinas quitaneves para a desinfección do municipio, co obxectivo de combater ao Covid-19 e evitar a súa propagación.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.