Unha falsa alarma en Cobas mobiliza aos medios de Salvamento por mar e aire

Una sinal de radio UHF enviou unha mensaxe de "mayday" alertando de que había dous kaiaks á deriva

Salvamento Marítimo mobilizou esta tarde, contra ás 18.30 horas, a dous efectivos de rescate para localizar a uns kaiaks que supostamente se atopaban á deriva nas costas de Cobas. O dispositivo púxose en marcha cando se localizou unha sinal UHF dunha estación de radio na que soamente se escoitaba “mayday, mayday, dous kaiaks á deriva”, pero non respondía aos requerimentos de Salvamento Marítimo.

Foi nese intre cando o servizo de socorrismo de praias de Ferrol comezou a facer unha batida por terra con dous vehículos ao longo do areal de Esmelle e, posteriomente, rastrexouse a zona de Santa Comba. Según informou Salvamento Marítimo, o mar presentaba unha importante marexada, polo que era moi probable que as embarcacións foran arrastradas cara terra. Minutos máis tarde, sobre as 19.00 horas uniuse á búsqueda por mar a Salvamar Betelgeuse que peinou toda a costa de Santa Comba, Esmelle e o Islote de Sartaña.

Ao dispositivo de búsqueda uniuse tamén o avión Sasemar, que se atopaba en pleno voo preto da zona e achegouse ata ao litoral ferrolá para prestar axuda nas tarefas de rescate. Finalmente, tras case unha hora de batidas por terra, mar e aire, o resultado foi negativo e declarouse o aviso como falsa alarma. O dispositivo causou gran expectación entre os usuarios das praias e os veciños de Cobas.

Salir de la versión móvil