Unha morea de famosos súmanse ao CBCA para volver a facer grande o baloncesto masculino en Ferrol

Na campaña de crowfunding lanzada fai unhas semanas xa se levan recaudados case 2.700 euros, o que supón máis do 53% da financiación necesaria
EgmbS8qWAAELnpx

Dende o Club Baloncesto Costa Ártabra creouse fai uns días un proxecto Crowfunding que, para que non o coñeza, consiste nunha recaudación de fondos, unha unión de forzas entre todas as persoas que, sendo afeccionados ou simplemente amantes deste deporte, co seu gran de area poden contribuir a facer soñar ao equipo ferrolán, e polo momento o soño marcha.

Todo comezou nas mans do famoso monologuista ferrolán Pepo Suevos, o cal subiu o primeiro video de apoio a Twitter onde animaba a todo quen o desexara a colaborar para que o CBCA poida ter «un futuro estable a súa canteira, a súa rapazada, e poidades desfrutar dun basket bo en Ferrol».

E coma se dun base profesional se tratara, o balón foi parar directamente ás mans do máis que coñecido Anicet Lavodrama, un dos xogadores referencia do antigo OAR, equipo histórico co cal compartiu durante nove anos grandísimas experiencias.

A seguinte baloncestista profesional en participar neste hilo de Twitter foi a española Amaya Valdemoro, a cal invitou á xente a animarse a esta gran iniciativa que é o Crowfunding levado a cabo polo Club Baloncesto Costa Ártabra. E esta lista de famosos non remata aquí, senón que tamén outros grandes nados en Ferrol coma Javier Gutiérrez e Pablo Rey sumáronse a esta gran iniciativa

 

Crowfunding

Dende a aportación mínima como é a de 20 euros, ata a de 80 euros ou incluso unha especial para patrocinadores e empresas de 250 euros, na páxina web do club poderás atopar todas as opcións para sumar o teu propio gran de area a esta iniciativa.

Todas as sumas de diñeiro que se aporten, dende a máis pequena ata a máis cuantiosa teñen un agasallo do club, dende posters ata camisetas e sudaderas da entidade deportiva. Se queres saber máis sobre como poder axudar ao Club Baloncesto Costa Ártabra, preme nesta ligazón: https://www.lanzanos.com/proyectos/suena-con-bbca/

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.