Unha nova plataforma virtual para percorrer o Ferrol do século XVIII

Son 25 os inmobles incluídos nesta nova ruta, que lucen unha placa con código QR que enlaza á web con toda a información en galego, castelán en inglés de cada parada e un mapa
Xa están dispoñibles nas oficinas de turismo da cidade, no porto e na praza de España, os folletos informativos, dos que se editaron 5.000 unidades. 
Xa están dispoñibles nas oficinas de turismo da cidade, no porto e na praza de España, os folletos informativos, dos que se editaron 5.000 unidades. 

O Concello de Ferrol continúa sumando iniciativas cara a intensificar a promoción e divulgación da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, que leva por nome ‘Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración’. Co obxectivo de unificar a identificación dos edificios do século XVIII, o Concello vén de poñer en marcha unha plataforma dixital que engloba un total de 25 inmobles da cidade do século XVIII: o Arsenal Militar; a parroquia castrense de San Francisco; a Fonte de San Roque; o monumento a Churruca; o palacio e Capitanía; rúa Magdalena, 234; Antigo Hospicio municipal; Nosa Señora das Dores; rúa Real, 199; Ateneo Ferolán; rúa Magddalena, 171; concatedral de San Xiao; rúa Magdalena, 125; hospital da Caridade; rúa Magdalena, 111; rúa Terra, 4; antigo goberno militar; Capela das Angustias; rúa Mac Mahón, 18; Casa do Patín; cuartel de Dolores; porta do asteleiro; cemiterio de Canido; dique da Cabana; e o priorado da Cabana.

A maioría deles xa locen unha placa cun código QR que leva á nova plataforma, que inclúe un mapa e información de cada un deles en galego, castelán e inglés. O resto colocaranse nas próximas datas. Ademais, xa están dispoñibles nas oficinas de turismo da cidade, no porto e na praza de España, os folletos informativos, dos que se editaron 5.000 unidades.
A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, explicou esta mañá que ao igual que sucede coa Ruta Modernista —tamén impulsada desde o Concello (https://modernismo.visitferrol.com/) e que aglutina os 28 edificios modernistas do arquitecto ferrolán Rodolfo Ucha—, á da Ilustración tamén se poderá acceder desde a web de Turismo de Ferrol: https://visitferrol.com/arquitectura-del-s-xviii-en-ferrol-dela-ilustracion/ e desde a específica sobre da candidatura a Patrimonio Mundial (https://ferrolpatrimoniomundial.gal/es/ruta-de-la-ilustracion/).
A edil indicou que esta iniciativa forma parte das accións municipais dirixidas á promoción e divulgación da candidatura ‘Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración’, que suma xa preto de 6.619 apoios por parte da cidadanía e entidades a través da páxina web https://ferrolpatrimoniomundial.gal/adhesions/. En canto a outras propostas en torno á candidatura, na actualidade o Concello está a traballar na preparación e promoción da terceira edición do Festival Ilustrado, que terá lugar do 14 ao 16 de abril, e nos avances no expediente da candidatura, que revisará o experto internacional Alfredo Conti.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.