Unha Semana Santa ferrolán sen besamáns

A Xunta Xeral de Confrarías anunciuo que suspende estes actos como medida de contención do Coronavirus

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol suprimiu todos os besamáns e besapés ás imaxes de Xesucristo, da Virxe e de calquera outro santo como medida de contención do coronavirus.
A través dun comunicado, este órgano relixioso explica que esta medida adóptase para “seguir as indicacións” do Bispado da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
En lugar dos besamáns e os besapés, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades avoga por “outras mostras de respecto e devoción como a inclinación de cabeza”. A Semana Santa de Ferrol súmase así ás numerosas celebracións relixiosas de España que tiveron que modificar algunha das súas actividades con motivo da incidencia do COVID-19, que afecta a case 600 persoas en todo o Estado.
Salir de la versión móvil