En torno a 75 emprendedores de Ferrol están inscritos no programa «Ferrol Cidade Viva» que puxo en marcha o área de Promoción Económica do Concello para “dar impulso aos emprendedores da cidade”, e axudarlles a buscar a “sustentabilidade dos seus negocios ao tempo que reactivar a actividade económica local”.
A maioría dos locais inscritos no plan ata o momento pertencen ao sector da moda, a saúde, a hostalería, a restauración e o lecer. Tamén se inscribiron no programa negocios do campo da enxeñería e consultoría, a decoración, a cultura, as novas tecnoloxías e do sector da automoción, entre outros.
Tras a campaña de captación de emprendedores, que comezou o pasado luns, o próximo martes iniciarse a fase formativa. O plan inclúe nove sesións que se impartirán martes e xoves desde o 30 de xuño ata o 15 de xullo e que os participantes poderán seleccionar entre ao redor de doce en función das súas necesidades e intereses. Entre elas están os métodos para coñecer mellor ao cliente e os seus hábitos de consumo, a venda baseada na neurociencia, venda e escaparatismo online, mellora das redes sociais e
técnicas de promoción e venda cruzada, entre outras.
De forma paralela recibirán asesoramento personalizado “co fin de potenciar os aspectos que sexan máis relevantes para eles. Queremos axudarlles a obter o máximo rendemento dos seus negocios, e para elo terán acompañamento individualizado”, explicou a concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus.
No mes de setembro continuarase coa formación e asesoramento e poñerse en marcha a terceira liña do programa, unha “ambiciosa promoción do noso comercio local co obxectivo de incentivar as compras e captar clientes”. Para elo hai programadas fórmulas como sorteos, descontos, premios directos e incentivarase especialmente as ventas cruzadas.