Urxencias do CHUF entrega preto dunha tonelada de productos ao banco de alimentos de Ferrol

Os profesionais sanitarios iniciaron o pasado mes de maio unha recollida de alimentos e artículos de hixiene
Urxencias e banco de alimentos

O Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol comenzou o pasado 6 de maio unha campaña de recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas. Os profesionais sanitarios solicitaron aos compañeiros e compañeiras da Área Sanitaria de Ferrol colaboración para axudar aos colectivos más desfavorecidos na crise social que deixou o Covid. Estes profesionais recordaban que “moitas familias non dispoñen de alimentos nestes delicados momentos e que as solicitudes ós bancos de alimentos se incrementaban”, polo que colocaron caixóns no corredor administrativo do Servizo e iniciaron a recompilación.

A axuda materializábase hoxe, un mes máis tarde, coa entrega ó Banco de case unha tonelada de produtos, un total de 945 quilos, en medio centenar de caixas cheas de, fundamentalmente, produtos de hixiene e de alimentación como cereais, pastas, arroz, leite, aceite e conservas; e outro medio centenar con produtos de alimentación infantil.

Dende o Servizo de Urxencias, destacan a alta colaboración de tódolos profesionais da Área, xa que chegaron produtos dende moi distintos puntos; e, tamén, do persoal do Almacén, que axudou tanto na almacenaxe como coa carga de todo esta mañá. Dende o Banco de Alimentos agradecían esta “moi boa entrega”.

Entrega de Gadis

Esta campaña de los sanitarios del CHUF se une al «Maio Solidario» de la cadena de supermercados Gadis, que también hizo entrega de varios lotes de productos de alimentación y de higiene de primera necesidad al banco de alimentos Rías Altas de Ferrol e a outros do resto da comunidade galega. En total, son máis de 48.000 kilos de productos

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.