Volve a actividade aos centros cívicos e sociais de Ferrol

O Concello publicou un bando que permite reabrir e facer uso dos locais sociais coas medidas preventivas oportunas
Centro cívico de Canido
Centro cívico de Canido

O Concello de Ferrol permite dende hoxe a reapertura dos centros cívicos e locais sociais municipais, xestionados pola Administración local ou polas entidades asociativas. O alcalde, Ángel Mato, firmou na tarde de onte un bando no que detalla que, en aplicación da fase 3 do plan para a transición cara unha nova normalidade, se volve permitir a actividade nestes recintos.

O documento lembra que se deben observar tanto as medidas preventivas coma os límites de afluencia de persoas referentes a, entre outras, actividades culturais, deportivas e turísticas, contemplados na guía publicada polo Ministerio de Sanidade o pasado 31 de maio.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.