Vox congrega en Ferrol a uns 150 afíns e a medio centenar de antifascistas

A visita do deputado Iván Espina de los Monteros á cidade non estivo exenta de polémica e mobilizou a varias patrullas da Policía Local e Nacional
DSC_3477

Como era de prever, e igual que sucedeu noutras cidades de Galicia e de Euskadi, o mitin de Vox estivo marcado pola polémica o os enfrontamentos, neste caso soamente verbais, entre os afíns ao partido de ultra dereita o os grupos autoproclamados antifascistas. Foron uns 150 simpatizantes os que se deron cita na praza de Ultramar para escoitar a unha das cabezas visibles do partido, o deputado no Congreso Iván Espinosa de los Monteros.

O mitin, que descurriu en clave local, comezou co deputado facendo alusións directas e burlas ao grupo dunhas cincuenta persoas que intentaban boicotear o acto con cánticos, apoupos, asubíos e gritos de «fora fascistas do noso barrio». «Gracias por demostrarnos que sois vosotros los auténticos fascistas, que vuestros valores son inferiores a los nuestros y que no sois capaces de combatir con la palabra y por eso tenéis que recurrir a la violencia», dixo Espinosa de los Monteros dirixíndose directamente a eles, entre os aplausos e gritos de «viva España» do resto de congregados na plaza de Ultramar.

O portavoz de Vox no Congreso apelou á naturaleza castrense de Ferrol e animou a ponteciala e a «facer gala» dela ao tempo que comprometeuse a reactivar a industria naval militar, o carbón ou a pesca na comarca «tralo abandono que sufriron estes sectores durante 40 anos por gobernos de esquerdas e dereitas», dixo. «Non queren que unha cidade como Ferrol prospere», asegurou.

O discurso de Espinosa de los Monteros xirou en torno á vontade do seu partido de recuperar «a liberdade para falar castelán nos colexios de Galicia» e recuperar os valores tradicionais da familia». Os de Vox calificaron de novo ao PP de Feijóo como «la derechita cobarde» e aseguraron que eles non van actuar coa tibieza dos populares «fronte aos que queren destruir España e Galicia».

 

Espinosa de los Monteros tócase a orella cun xesto provocador ante os berros do grupo antifascista

 

Os enfrontamentos verbais entre bandos foron a tónica do acto de Vox

 

O deputado de Vox comezou o mitin dirixíndose directamente ao grupo de ultraesquerda que acudiu a boicotear o acto.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.