Yolanda Díaz marca o camiño de Galicia en Común a tres días das eleccións á Xunta

Os comúns, coa ministra ao frente, presumirón no Inferniño da xestión que a ferrolá está a facer no goberno de España
TODOS-APLAUSO

A praza do Inferniño de Ferrol acolleu este mediodía o acto central de Galicia en Común-Anova Mareas nun acto no que interveu, na súa cidade natal, a Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, xunto ao candidato á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, e onde tamén estiveron presentes Martiño Noriega, o exacalde da cidade naval, Jorge Suárez, e as candidatas pola Coruña, Saínza Ruíz e Elena Pernas.

“Ninguén nos vai a dicir o que é defender a Galicia e as galegas e galegos. Defender Galicia é o que xa estamos a facer no Consello de Ministras e defender Galicia é o que faremos, a partir do luns 13, desde o Goberno da Xunta”.  Antón Gómez Reino tomou a palabra en Ferrol para agradecer o traballo feito por transformar a cidade por Ferrol en Común e ao resto das mareas municipalistas.

“Vaia sí se nota que Galicia está no Goberno, vaia si se nota. Son, están a ser as mulleres galegas as que están a marcar o camiño das políticas mais avanzadas e progresistas deste país pola esquerda e cunha ministra ferrolana e feminista”, remarcou Gómez Reino.

“Temos o compromiso firme e determinado de rexenerar as nosas rías. A de Ferrol pero todas as nosas rías porque precisamos dun compromiso e unha dirección política que diga que os noso ecosistemas son claves. Precisamos un Goberno galego que quera e faga barcos”, dixo o candidato á Xunta.

“Estou na miña casa”, manifestou a  Ministra de Traballo e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, abrindo a súa intervención entre aplausos. “Dixen no Senado que aquí, en Ferrol, a miña casa e a da miña filla, sabemos facer barcos. Facer barcos non é só  construir buques: é un modo de vida. Estou orgullosa de ser de aquí e dos que me ensinaron a ser como son e fago o qe fago porque aquí o aprendín. Nunha cidade dura e combativa onde aprendimos a ser solidarios para defender a vida e arrimar o hombreiro para saír adiante”.

“Pódese gobernar para a xente. Esto é o que estamos a facer no Goberno de España e isto é o que faremos con Galicia en Común no Goberno da Xunta e con Antón Gómez Reino como garantías”. “Sei que non é doado. Os inimigos son moi fortes”, manifestou Díaz. “Veño de dicir que o teletraballo non pode ser un novo xeito de explotación laboral. Ten que ser con garantías e dereitos, con diálogo social sempre e sen que esquecer de que lado estamos e a quen representamos”, incidiu.

“Feijóo é un presidente virtual que é derrotable. Este domingo daremos esa batalla para derrotalo”, rematou a ministra ferrolana.

O exalcalde de Ferrol, Jorge Suárez, tomou a palabra no acto para facer bandeira “dunha ministra, a nosa ministra, que agora é de todas e todos. Desde o desde o diálogo e o consenso, sen facer grandes alardes, con traballo, está conseguindo poñer ás clases traballadoras no centro. Imos lograr unha maioría de esquerdas que tumbe dunha vez ao rei dos caciques, a Núñez Feijóo”, proclamou.

No acto, tamén interviñeron as candidatas Saínza Ruiz e Elena Pernas, que puxeron o foco na ausencia abolsuta de políticas sociais do PP de Feijóo desde o 2009 para os coidados, os maiores e a conciliación. “Once anos de Feijóo non serviron de nada. Recortes, recortes e recortes. Iso foi o que fixo”, concluíu Ruíz.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.