Ferrolterra non destruíu máis emprego durante o mes de maio

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal lograron conter a sangría de despidos ocorrida entre marzo e abril

O conxunto das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal destruíu nos meses de marzo e abril máis de 1.600 postos de traballo, situándose de novo en datos de desemprego que semellaban aos da crise de 2008. Sen embargo, a volta á nova normalidade logrou conter esta sangría de empregos durante o pasado mes de maio, cun aumento insignificante dun só parado máis respecto a abril.

Concretamente, a comarca de Ferrol quedouse a cero e acumula os mesmos 11.678 desempregados que no me pasado. O Concello máis prexudicado foi o de Ferrol, no que se destruíron 17 empregos, mentres que en Narón ou Neda creáronse 11 e 12, respectivamente. No Eume, hai dúas persoas menos apuntadas ao paro e só no Ortegal crece o desemprego, en 3 persoas.

A pesar de que a economía local logrou amortiguar neste pasado mes os efectos colaterais da crise sanitaria do Covid, os números seguen sendo negativos se os comparamos co mesmo mes do pasado ano. A comarca de Ferrol ten 1.561 parados máis que en maio de 2019, no Eume hay 307 desempregados máis e no Ortegal 117.

 

COMARCA CONCELLO ABRIL MAIO VARIACIÓN
EUME CABANAS 203 208 5
A CAPELA 51 52 1
MONFERO 68 69 1
PONTEDEUME 506 504 -2
AS PONTES 557 550 -7
Total 1,385 1,383 -2
FERROL ARES 416 416 0
CEDEIRA 410 404 -6
FENE 903 902 -1
FERROL 5,587 5,604 17
MOECHE 58 54 -4
MUGARDOS 407 413 6
NARÓN 2,888 2,877 -11
NEDA 360 348 -12
SAN SADURNIÑO 166 165 -1
AS SOMOZAS 75 79 4
VALDOVIÑO 408 416 8
Total 11,678 11,678 0
ORTEGAL CERDIDO 57 58 1
MAÑÓN 51 52 1
ORTIGUEIRA 362 356 -6
CARIÑO 208 215 7
Total 678 681 3
Salir de la versión móvil