O área sanitaria de Ferrol segue a rexistrar novos casos de positivos por coronavirus. Por segundo día consecutivo o CHUF rexistrou once novos casos (un novo contaxiado cada dúas horas nos dous últimos días), deixando o total en 60 casos. Destes pacientes infectados por Covid-19, 22 atópanse en casa e 38 ingresados. Destes, 10 están na UCI e 28 en planta. A este casos hai que sumar os cinco falecementos rexistrados no área sanitaria de Ferrol dende o pasado domingo.
Respecto a este aumento significativo no número de infectados, cabe recordar que o pasado luns deron comezo os test dende o coche no hospital Novoa Santos o que aumentou significativamente o número de persoas controladas na comarca. Ademáis, onte na localidade de Ortigueira detectouse un foco de contaxio que xa afectara a cinco persoas e tiña a varias familias en alerta.
En Galicia os positivos ascende a 2.211, deles 552 son da área da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense, 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo e 388 da de Santiago.