A axenda cultural de Narón esta fin de semana está chea de novidades e de actuacións que seguramente máis de un non vai querer perderse. De feito, as adversas condicións meteorolóxicas non vai a poder con ningún dos espectáculos previstos, excepto o obradoiro «Chef solar e alimentación saudable», o cal terá que ser suspendido por segunda vez, polo que a cita este sábado ás 11.00 horas na Praza de Galicia terá que esperar un pouco máis.
«A volta a Galicia en 313 concellos»
Mañá sábado 26 de setembro, independentemente do tempo que faga, todos os que se achegen á Praza da Gándara verán o seu día cheo de maxia gracias á espectacular actuación «A volta a Galicia en 313 concellos», realizada polo coñecido Mago Antón.
As funcións programadas manteñen o seguinte horario: ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas será o horario de mañá, e o de tarde será ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas, para que ninguén falta á súa cita coa verdadeira maxia. E se, por se hai alguén despistado, non ten por que preocuparse xa que a mesma actuación cos mesmos horarios estarán dispoñibles o domingo, pero esta vez no Centro Cívico Social de Sedes.
A entrada é de balde pero é preciso anotarse previamente, o propio día no caso da Gándara porque cada función está limitada a 30 prazas. Tamén é obrigatorio levar máscara e manter a distancia social de seguridade, habendo tamén a disposición xel hidroalcohólico.
«Funamviolinistas: ContraEscena»
Para todos aqueles que non quedaron fartos tras esta primeira achega, tamén poderán visitar o Pazo da Cultura onde lles estará a esperar o espectáculo único «Funamviolinistas: ContraEscena». Ás 20.00 horas quen o desexe poderá disfrutar do show destas tres artistas itinerantes, unha especie de teatro musical mediante unha enxeñosa interpretación instrumental, musical e xestual.
As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.