Fin de semana chea de actuacións máxicas e únicas en Narón

O toque máxico virá dado polo Mago Antón co seu espectáculo "A volta a Galicia en 313 concellos", e da mezcla perfecta entre o teatro e música sairá "Funamviolinistas: ContraEscena"

The Funamviolistas. Contraescena. En el camerino. Mayte Olmedilla, Ana Hernandez y Lila Horovitz.

A axenda cultural de Narón esta fin de semana está chea de novidades e de actuacións que seguramente máis de un non vai querer perderse. De feito, as adversas condicións meteorolóxicas non vai a poder con ningún dos espectáculos previstos, excepto o obradoiro “Chef solar e alimentación saudable”, o cal terá que ser suspendido por segunda vez, polo que a cita este sábado ás 11.00 horas na Praza de Galicia terá que esperar un pouco máis.

“A volta a Galicia en 313 concellos”

Mañá sábado 26 de setembro, independentemente do tempo que faga, todos os que se achegen á Praza da Gándara verán o seu día cheo de maxia gracias á espectacular actuación “A volta a Galicia en 313 concellos”, realizada polo coñecido Mago Antón.

As funcións programadas manteñen o seguinte horario: ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas será o horario de mañá, e o de tarde será ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas, para que ninguén falta á súa cita coa verdadeira maxia. E se, por se hai alguén despistado, non ten por que preocuparse xa que a mesma actuación cos mesmos horarios estarán dispoñibles o domingo, pero esta vez no Centro Cívico Social de Sedes.

A entrada é de balde pero é preciso anotarse previamente, o propio día no caso da Gándara porque cada función está limitada a 30 prazas. Tamén é obrigatorio levar máscara e manter a distancia social de seguridade, habendo tamén a disposición xel hidroalcohólico.

“Funamviolinistas: ContraEscena”

Para todos aqueles que non quedaron fartos tras esta primeira achega, tamén poderán visitar o Pazo da Cultura onde lles estará a esperar o espectáculo único “Funamviolinistas: ContraEscena”. Ás 20.00 horas quen o desexe poderá disfrutar do show destas tres artistas itinerantes, unha especie de teatro musical mediante unha enxeñosa interpretación instrumental, musical e xestual.

As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

 

Salir de la versión móvil