Narón convoca unha nova actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística, do programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A cita será o vindeiro mércores 22 de xullo nas instalacións do Pazo da Cultura -se as condicións meteorolóxicas o permiten, no exterior- e consistirá nun espectáculo de Cé Orquestra Pantasma: “Fíos do querer”. Ás 19.00 horas poderase ver este espectáculo, recomendado para menores de 0 a 6 anos e as súas familias e cun aforo limitado a 25 nenas e nenos que terán que estar acompañados por unha persoa adulta.
As persoas que desexen inscribirse poden facelo por correo electrónico, facilitando na dirección: [email protected] os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade da nena ou neno, nome do nai, pai ou persoa acompañante, enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas e menores a partir de 6 anos.