A localidade de Cedeira parece que se está a converter nun gran atractivo para moitos turistas polo súa beleza natural, aínda que ultimamente está a ser o foco de atención para moitos famosos. Esta misma fin de semana o presidente da construtora ACS e do Real Madrid, Florentino Pérez, deixouse ver polas rúas da vila, onde pasou uns días, desfrutando do pobo e da gastronomía local.
A chegada do magnatario casou sorpresa entre moitos veciños, especialmente aqueles seguidores do equipo madridista, que no dubidaron en facerse fotos con responsable da entidade deportiva cando ía comer a un mesón do casco histórico. Sen embargo, algúns tamén aproveitaron para lanzar ás súas críticas contra o presidente do Real Madrid, por retirarse a máscara para facerse as fotos.
Esta non é a primeira «celebrity» que se pasea por Cedeira este ano. Fai apenas dez días tamén visitou a vila o alcalde de Madrid, Jose Luis Martínez-Almeida, quen tamén foi obxecto de críticas tras filtrarse unha foto del, de pé e sen mascarilla nunha terraza. O entorno do rexedor aclarou que a instantánea fora tomada xusto cando o rexedor madrileño acababa de levantarse de consumir un refresco e se dispoñía a poñela.
Martínez-Almeida agradeceu nas súas redes sociais a acollida da vila e non quixo deixar de admirar a beleza do entorno natural de Cedeira cunha foto na costa, durante un dos días de descanso que pasou na vila.
Ver esta publicación en Instagram
En Cedeira disfrutando de unos días de vacaciones. Galicia es un paraíso.