A empresa de distribución Gadisa pechará os supermercados da cadea o Xoves e Venres Santo para que o seu persoal poida descansar tras as intensas xornadas que viviu, sobre todo, desde a declaración do estado de alarma ante a pandemia do coronavirus.
Aínda que o Xoves Santo é de apertura comercial, os supermercados de Gadisa non abrirán as súas portas, polo que os empregados poderán descansar dous días consecutivos, informan a Efe fontes empresariais.
Ademais, Gadisa entregará unha gratificación económica ao persoal de almacén, tenda e reparticións polo esforzo realizado estas últimas semanas e a entrega demostrada polos seus traballadores.
Neste contexto, o sindicato CCOO valorou nun comunicado esta decisión de Gadisa, que espera implantar no resto de empresas do sector, e instou á Xunta a que derrogue a resolución pola que liberaliza os horarios comerciais dos establecementos de primeira necesidade.