GALP Golfo Ártabro Norte todavía ten prazas dispoñibles para o programa formativo Relevo 2020

A iniciativa vai destinada a mozos e mozas dos 16 aos 30 anos que pertenzan a algún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP

Aínda quedan prazas dispoñibles para participar no proxecto realizado polo GALP Golfo Ártabro Norte xunto con outros catro GALP galegos -GALP Mariña Ortegal, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur e GALP Ría de Arousa-.

Relevo xeracional no sector pesqueiro

Este proxecto de colaboración está centrado na capacitación de mozos e mozas, a través da formación e dun mellor coñecemento dos recursos do territorio, a fin de fomentar e acadar o relevo xeracional no sector pesqueiro. O proxecto ofrecerá unha visión global do sector aos participantes, facilitándolles a maiores ferramentas e recursos que lles permitan orientar o seu futuro en relación ao sector do mar.

A iniciativa que xa está na súa fase de arranque vai destinada a mozos e mozas dos 16 aos 30 anos que pertenzan a algún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP. No caso do Ártabro Norte, o territorio abrangue os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.

 

Salir de la versión móvil