Gómez-Reino visita Narón para reclamar un maior apoio ao sector industrial galego

Pola súa parte Saínza Ruíz recalcou a necesidade de mellorar a situación que sofre o naval, o marisqueo e a Residencia de Caranza

Onte mércores 1 de xullo tivo lugar en Narón o mitin de Galicia en Común-Anova Mareas, onde o seu candidato a presidencia Gómez-Reino fixo acto de presencia para reinvidicar o papel das mareas de cara as próximas eleccións.

Gómez-Reino utilizou o seu tempo de intervencións en reprochar as malas actuacións dos populares en varios temas. “Calado, mudo e cego”, así definiu a Feijóo no tocante a actual crisis industrial galega, o cal ve fóra da presidencia galega tras o debate na CRTVG. “O principio da fin de Feijóo e do PP, quedan 11 días de PP”, remarcou mentres seguía a recriminar a actuación do PPdeG en materias de sanidade e emprego.

Pola súa parte, a aspirante ao Parlamento Autonómico pola comarca, Saínza Ruíz, destacou os aspectos que desde Galicia en Común-Anova Mareas se queren fomentar: o Naval, a Residencia de Caranza, o marisqueo e os polígonos industriais.

En canto ao naval, as súas pretensións son a construcción do tan esperado dique seco e intentar ligar a UDC ao estaleiro ferrolán para intentar facelo máis competitivo. Ademais recalcou a importancia que teñen os polígonos industriais en Ferrolterra para que non caigan no olvido.

Outro ámbito que consideran imprescindible é o do marisqueo, onde lembraban a gran relevancia que tivo no seu día para a ría de Ferrol, e que agora poderíase recuperar coa implantación de sementes de ameixa tanto nas Pías como na Gándara.

Finalmente entrou en xogo a Residencia de Caranza, onde Saínza Ruíz subliñou a necesidade de abrir a planta que nestes intres se atopa pechada, incidindo no valor destas institucións na actualidade debido a situación de emerxencia provocada polo COVID-19.

 

Salir de la versión móvil