«Ferrol Cidade Viva» retoma a súa fase formativa con moitas novidades

Despois de rematar os cursos realizarase unha ambiciosa promoción dos comercios locais, e a maiores sairá unha aplicación coa que manterse informado de centos de descontos
centroferrol

O Concello de Ferrol retoma hoxe mesmo a fase formativa do programa «Ferrol Cidade Viva», un plan deseñado pola concellería de Promoción Económica e Turismo co fin de dar impulso aos emprendedores locais e potenciar e dinamizar a economía da nosa cidade.

Formación vía telemática

A formación, que se imparte de forma telemática, interrompeuse no mes de xullo tras impartir seis ciclos do programa municipal e agora, xa en setembro, reactívase coa celebración hoxe, ás 20.30 horas, do sétimo taller, neste caso sobre Escritura Dixital: como comunicarnos no ámbito dixital.

O mércores, día 16, á mesma hora celebrarse outra sesión, sobre Venta Consultiva: un xeito de vender baseado na neurociencia, e xa a novena e última sesión celebrarase a próxima semana. De forma paralela, os emprendedores que participan no plan reciben asesoramento personalizado co fin de potenciar os aspectos que sexan máis relevantes para eles.

Unha aplicación con moitas novidades

Neste mes de setembro, ademais de continuar coa formación e asesoramento, poñerase en marcha a finais de mes a terceira liña do programa, unha «ambiciosa promoción do noso comercio local para incentivar as compras e captar clientes», segundo destacaba a concelleira encargada da área, María Teresa Deus.

Para elo hai programadas diferentes fórmulas como sorteos, descontos ou premios directos, e incentivarase especialmente as vendas cruzadas. O programa co que o Concello pretende darlle impulso ao comercio local non vai deixar de lado os recursos dixitais.

O uso do dixital para promocionar o local

Na posta en marcha da gran promoción dos negocios contarase cunha aplicación que terá dobre uso: os emprendedores poderán coñecer mellor aos seus clientes e estes contarán cunha ferramenta na que consultar descontos nos establecementos, sorteos, premios, incentivos ás vendas cruzadas e incluso os puntos acumulados para beneficiarse de promocións co fin de incentivar o consumo.

O cliente poderá acceder a ela a través dun código QR que estará exposto nos establecementos participantes. Neste punto, a edil explicou que «todo este proceso será moi sinxelo, ese é o noso obxectivo, facer a campaña o máis accesible posible».

Polo momento xa son preto de 100 os establecementos participantes no programa. Os comerciantes interesados en sumarse a este proxecto poden enviar un correo electrónico a [email protected] e os responsables do plan poñeranse en contacto con eles.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.