Inaugúrase a Comisión municipal para a Prevención de Enfermidades Cardiovasculares de Ferrol

Este órgano é o primeiro destas características en Galicia, o cal promoverá accións para dar a coñecer e protexer á cidade da principal causa de morte no mundo
Comisión3

O Concello de Ferrol celebrou na tarde de onte a primeira reunión da Comisión municipal para a Prevención de Enfermidades Cardiovasculares, a primeira destas características en Galicia, precisamente na xornada na que se celebrou o Día Mundial do Corazón.

O labor da nova comisión é concienciar á poboación acerca da gravidade das enfermidades cardiovasculares -principal causa de morte no mundo-  e dos factores de risco que ten e, por outra banda, promover accións que contribuían ao maior coñecemento destas patoloxías. Desta forma buscarase de forma conxunta a inclusión de Ferrol na rede de cidades cardioprotexidas.

Comisión municipal para a Prevención de Enfermidades Cardiovasculares

A comisión está composta polo concelleiro de Sanidade, Germán Costoya, a xefa do servizo de Cardioloxía do Chuf, Raquel Marzoa, o presidente da Asociación de Amigos do Corazón -Amicor-, Carlos Piñeiro, o coordinador de Seguridade, Santiago Troitiño, e representantes da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e do servizo 061 membros dos grupos da oposición.

Tamén estivo presente o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Golpe, quen na súa intervención agradeceu o ompromiso de todos os participantes na comisión e destacou a importancia de ter moi en conta os factores de risco.

Pola súa banda, Costoya indicou que a comisión nace cun ilusionante proxecto por diante a través do cal «podemos facer moito polos nosos veciños». O edil indicou que a comisión é un órgano aberto a propostas, e reunirase cada tres meses para abordar os avances nos seus obxectivos.

Unha “gran oportunidade”

A xefa do servizo de Cardioloxía do CHUF aplaudiu a iniciativa do Concello de Ferrol de crear esta comisión, que valorou como «unha gran oportunidade» para frear ás enfermidades cardiovasculares. Segundo ela, estas poderían reducirse ata nun 80 % si se controlaran os factores de risco.

Pola súa banda, Piñeiro propuxo diferentes accións, como o lanzamento de campañas informativas para incentivar a práctica de exercicio, a alimentación saudable e a redución do consumo de sal. Tamén a colaboración con centros escolares e avanzar nun plan que converta á cidade de Ferrol nun espazo cardioprotexido.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.