Inaugúrase na Praza de Armas a exposición fotográfica «Vivir o mar»

Con esta mostra ao aire libre o autor Philippe Plisson amosa 25 anos de traballo por numerosos países capturando o abandono dos océanos
Ferrol2

Afundación, a Obra Social de ABANCA, Lunwerg Editores e o Concello de Ferrol inauguraron esta mañá ás 11.00 horas a exposición de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plisson, «Vivir o mar». Asistiron ao acto de inauguración Antonio Golpe, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Ferrol, e Verónica Rego López, coordinadora da Sede Afundación Ferrol. Poderase visitar ata o 25 de outubro a pé de rúa na praza de Armas da cidade grazas á implicación neste proxecto do Concello ferrolán, trasladando así a cultura aos espazos abertos.

25 anos fotografando a deixadez das augas

As emblemáticas fotografías de Plisson son o resultado de vinte e cinco anos de traballo en cincuenta países diferentes. A forza e a beleza das instantáneas axudan a sensibilizar e a visibilizar sobre o estado dos mares e océanos e invitan a adquirir un compromiso coa conservación do medio mariño, orixe e sustento da vida no noso planeta.

Con esta exposición, Afundación sae á rúa compartindo espazos de lecer, de paseo, e enriquecendo os momentos de encontro nos espazos públicos cunha achega cultural de primeira orde que reúne mensaxe, beleza, transcendencia e emoción. Neste caso, o encontro será na emblemática praza de Armas ferrolá.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.