Incendio dentro dunha vivenda de Caranza ao estoupar un patinete eléctrico

Os veciños dun bloque da rúa Lepanto leváronse un gran susto tras a explosión da batería de litio do aparello mentres este estaba a cargar
79ef826c-1ba8-4d76-a464-7af9f59bd868

Este mediodía a veciñanza do barrio de Caranza levouse un gran susto despois de que un patinete eléctrico comezara a arder nunhas das vivendas da rúa Lepanto. Segundo un dos habitantes do piso, o aparello estoupou mentras estaba a cargar, provocando que varios veciños do bloque saíran preocupados polo que estaba a acontecer.

Tras chamar ao 112, dous camións de Bombeiros e un coche da Policía Local tivéronse que achegar ao lugar dos feitos, pero afortunadamente non houbo ningún ferido e as chamas non se propagaron grazas á rápida intervención doméstica.

Tras unha serie de estoupidos ocasionados pola batería de litio do «hoverboard», esta mesma incendiouse de súpeto, polo que inmediatamente o desenchufaron da rede eléctrica e botáronlle unha toalla enriba e auga para calmar o fogo.

 

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.