Iniciadas as obras de mellora no cemiterio municipal de Ortigueira

Se actuará sobre a pavimentación e a iluminación do campo santo cun investimento de máis de 23.000 euros
cemiterio1

O goberno local de Cedeira adxudicou e ten xa en marcha dúas obras menores para o arranxo do pavimento nas rúas 1 e 2 da parte vella do cemiterio municipal e para a iluminación da zona que comunica cos nichos novos, na que agora non hai puntos de luz. O Concello investirá preto de 23.000 euros nestas actuacións, que se van executar de inmediato e van contribuír a facer máis seguro o tránsito polo recinto.

A empresa encargada das obras vaise ocuparse do arranxo do chan nos corredores número 1 e 2 do cemiterio. Actualmente o seu estado é moi deficiente e as escorrentías provocan fochancas, o crecemento de vexetación e o deterioro do firme, o que supón un perigo para os visitantes, en especial para as persoas maiores. A actuación vai consistir no levantamento do actual pavimento, a colocación dunha capa de grava e formigón e a posterior aplicación dun novo firme de plaqueta, no que se instalarán sumidoiros para garantir a drenaxe da auga. O contrato é de 17.545 euros.

Por outra banda, o Concello mercou á empresa Diesfe e por valor de 5.451 euros o material eléctrico preciso para que persoal municipal se ocupe de instalar unha axeitada iluminación na zona que conecta o corredor central do cemiterio cos nichos novos, concretamente coa colocación de 26 leds no solo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.