Inícianse as obras de mellora dos aparcadoiros e vías de acceso nos centros hospitalarios de Ferrol

A Xunta de Galicia impulsará reformas para reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade no Hospital Naval, no Arquitecto Marcide e no Novoa Santos
image_gallery

A Xunta acaba de iniciar as obras de mellora dos aparcamentos e as vías de acceso aos hospitais de Ferrol. Concretamente, estas actuacións levaranse a cabo nos accesos aos hospitais Naval, Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos, supoñendo un investimento de 200.000 euros e cun prazo de execución total de 5 meses.

Estas obras forman parte do contrato máis amplo co que se impulsan acondicionamentos similares nas contornas de centros hospitalarios públicos da provincia, contando cun investimento global de 1 millón de euros. No caso de Ferrol, os traballos céntranse nos viarios e aparcadoiros, fundamentalmente na renovación do firme e na reparación das beirarrúas deterioradas.

O principal obxectivo que se pretende acadar con estas reformas é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos contornos destes centros hospitalarios, favorecendo a mobilidade tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada día ás instalacións destes hospitais ferroláns.

Hospital Naval, Arquitecto Marcide e Novoa Santos

As obras no Hospital Naval implicarán a renovación do firme do vial perimetral, de preto de 1 quilómetro de lonxitude, ademais de actuar sobre uns 5000 metros cadrados dos aparcadoiros. No caso dos hospitais Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos, as actuacións prevén a renovación do firme nos treitos máis deteriorados.
Ademais a intervención inclúe a mellora da sinalización interior e exterior dos tres hospitais.

A execución destes traballos está coordinada cos responsables do Sergas, analizando as necesidades de actuacións, polo que as obras realizaranse de maneira compatible cos equipos técnicos sanitarios para interferir o menos posible na actividade hospitalaria.

No caso concreto das actuacións no centro hospitalario Arquitecto Marcide serán coordinadas coas obras de ampliación que están en execución desde o pasado outono.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.