Iníciase o plan de reparación de lousas no barrio da Magdalena de Ferrol

Tense previsto realizar ao redor de 300 intervencións para mellorar a seguridade peonil cun prazo de execución estimado en dous meses
VisitaPlandeLousas

A concellería de Obras e Servizos puxo en marcha esta mesma semana o plan de reparación de lousas no barrio da Magdalena, o cal busca repoñer elementos rotos, afundidos ou a colocación de novos no barrio da Magdalena, un proxecto que contempla ao redor de 300 intervencións e cuxo prazo de execución é de dous meses.

A edil responsable da área, Ana Lamas, visitou esta mañá as obrass que se centraron na Praza de España e na rúa Real. O plan de reparación de lousas conta cun orzamento de preto de 40.000 euros e céntrase en rúas peonís do centro da cidade nas que se detectaron perigos para o tránsito dos viandantes.

Consiste na recolocación de pedras que están soltas ou desniveladas. As que estean deterioradas están a ser substituídas por outras de características similares e onde hai afundimentos na rúa se están a reparar tratando de conservar as lousas existentes. Tamén se están a realizar traballos complementarios en arquetas, bolardos, bordos ou adoquín.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.