A concellería de Obras e Servizos puxo en marcha esta mesma semana o plan de reparación de lousas no barrio da Magdalena, o cal busca repoñer elementos rotos, afundidos ou a colocación de novos no barrio da Magdalena, un proxecto que contempla ao redor de 300 intervencións e cuxo prazo de execución é de dous meses.
A edil responsable da área, Ana Lamas, visitou esta mañá as obrass que se centraron na Praza de España e na rúa Real. O plan de reparación de lousas conta cun orzamento de preto de 40.000 euros e céntrase en rúas peonís do centro da cidade nas que se detectaron perigos para o tránsito dos viandantes.
Consiste na recolocación de pedras que están soltas ou desniveladas. As que estean deterioradas están a ser substituídas por outras de características similares e onde hai afundimentos na rúa se están a reparar tratando de conservar as lousas existentes. Tamén se están a realizar traballos complementarios en arquetas, bolardos, bordos ou adoquín.
Discussion about this post