O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reuniuse esta mañá con membros do Comité de Empresa da factoría de Siemens Gamesa nas Somozas. No encontro Losada mostrouse preocupado pola situación da factoría que lle trasladaron os traballadores no que se refire á carga de traballo e ás perspectivas de continuidade da fabricacion en Galicia.
O comité de empresa da multinacional nas Somozas vén advertindo fai tempo dunha progresiva deslocalización da carga de traballo cara outras fábricas, especialmente cara Portugal. Ademáis, alertaron que de non producirse inversións nas instalación somocenses para poder construir novos modelos de paas, a factoría corre o risco de quedar fora do mercado.
Durante a reunión, Javier Losada comprometeuse a trasladar as demandas dos traballadores a distintos ministerios para realizar un seguimento máis adecuado da situación desta factoría e estudar opcións que colaboren para garantir a continuidade da mesma.
Os asistentes á reunión coincidiron na necesaria implicación da Xunta para garantir a viabilidade da empresa, tendo en conta que ten as competencias na política industrial.