Javier Losada visita as instalacións de Exponav en Ferrol

O delegado do Goberno aproveitou a visita ao Museo da Construción Naval para ensalzar este sector e a importancia que ten para a comarca
20200727_Foto

O delegado do Goberno, Javier Losada, puxo en valor a relevancia do sector da construción e reparación naval de Ferrol e de Galicia no mundo no acto que a Armada Española organizou co motivo do 250 aniversaria da creación do Copro de Enxeñeiros de Marina.

Javeier Losada tamén celebrou a elección de Exponav como sede da mostra que conmemora esta efeméride, por compartir espazo con instalacións que son reflexo da mellor tradición da construción naval e espello do futuro próspero deste sector. Xunto á presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, lembrou que os estaleiros de Ferrol encargaranse da construción das cinco fragatas F-110 da Armada para o Goberno, ademais doutros contratos de reparacións e de novas construcións asinados e aos que aspira a SEPI en todo o mundo.

O delegado do Goberno en Galicia e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, asistiron á apertura da exposición conxunta do Corpo de Enxeñeiros da Armada (CIA) e da Asociación de Enxeñeiros Navais de España (AINE) na sala Carlos III de EXPONAV. Durante a inauguración, á que asistiu o Almirante Xefe do Estado Maior da Armada, Teodoro López, contou cunha conferencia do vicealmirante do Corpo de Enxeñeiros José Manuel Sevilla López.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.