Son moitos os sectores que estes días están desbordados pola carga de traballo como consecuencia da crise sanitaria do coronavirus. Un deles é o das asesorías, que levan desde mediados do mes de marzo inmersos nun vórtice de decretos, normativas, ERTES e cuxo traballo está a ser fundamental para millóns de pemes de autónomos de todo o país.
Javier Vaqueiro, de Vaqueiro Asesores, é un destes traballadores que pode pulsar en primeira persoas cal está a ser a magnitude da crise económica colateral que vive o noso país e como está a afectar a millóns de persoas que traballan por conta propia.
Están a ser días de caos para o sector das asesorías?
Esa é a palabra, caótico. Desde o día 13 que se declarou o estado de alarma están a saír unha chea de normativas novas moi básicas, as cales temos que desmenuzar e ir sacando conclusións día a día para poder atender aos centos de autónomos e pemes que dependen de nós.
Como está a ser a xestión do Goberno neste sentido? Está a facilitar a adaptación destes traballadores á nova situación?
Creo que a todos colleulles a contrapié. O gran problema que vexo é que se están facendo anuncios moi xenéricos e sen contido. Están a lexislarse ata 3 e 4 días despois de realiazr os anuncios e a documentación para acceder a algunhas axudas están a publicarse ata 12 días máis tarde. Isto xera un gran desasosego entre os traballadores que viven ao día.
Ademais o que anuncian non coincide normalmente co que finalmente se lexisla e o que se lexisla tampouco está a coincidir co que interpreta. Por tanto temos unha triple desinformación.
Cal é o perfil dos vosos clientes?
Preto do 90% son autonómos que traballan eles sós ou cun ou dous traballadores, un 9,5% son empresas de máis de 40 traballadores e un 0,5% grandes empresas multinacionais. Por tanto, a inmensa maioría deles só sacan beneficios para pagarse o seu salario e o dos seus empregados. E isto non o está tendo en cuenta o Goberno.
E como contraprestación a quitarlles o seu salario están a darlles, só a uns poucos, unha prestación de 660 euros, que apenas chega, en moitos casos, para cubrir gastos de aluguer e consumibles.
Que está a pasar cos ERTES, estanse a aceptar?
Estivemos dúas semanas presentando os ERTES a cegas, sen saber quen podía acollerse e quen non. Normalmente a resposta está a ser ou favorable ou o silencio administrativo, que tras cinco días tómase como un si. Pero hai unha gran incerteza porque a raíz do estado de alarma estas decisións centralizáronse no Goberno da nación, con todo as resolucións dos ERTE está a tramitalas a Xunta a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Temos agora a gran dúbida de se estes ERTES tramitados polas comunidades autónomas van ser válidos. Ata o de agora estamos a lle dicir aos clientes que actuen coma se fosen válidos, pero a incerteza é tremenda.
E que pasará coas axudas tras o cesamento de actividade?
É outra das grandes dúbidas coas que temos que convivir estes días. As mutuas víronse desbordadas con multitude de solicitudes de cesamentos de actividade. Nun principio había que presentar 7 meses de contabilidade para poder acceder ás axudas, pero despois sacaron un modelo simplicado co basicamente dicíanlle aos autonómos que se aprobarían todos os subsidios e despois estudaríase caso por caso se eran válidos. Peor a posteriori.
Isto xerou moita incerteza e temor. Moitos dos meus clientes di: despois vanme a obrigar a de devolver todo o recibido?
Estes días estades a exercer máis de psicólogos que de asesores?
Asbsolutamente. Estamos a ter conversacións de ata dúas horas con clientes que están realmente desesperados coa súa situación. Tamén é parte do noso traballo, escoitar os seus problemas, os seus queixumes, as súas incertezas. Hai que entender que a maioría viven ao día e non teñen aforros, así que estar sen salario supón unha auténtica desesperación.
Que sectores están a verse máis afectados?
Creo que o máis prexudicado por encima do resto son as axencias de viaxes. Foron os primeiros en padecer esta crise. Desde xaneiro xa empezou a baixar drasticamente a actividade e agora o prexuízo é dobre, porque ademais de non contratar ningunha viaxe están a ter que cancelar e devolver o diñeiro do contratado meses atrás. Ademais eles non están obrigados a pechar, polo que tiveron que manter a súa actividade.
O outro sector que vive con máis medo esta crise sanitaria é a hostalería. Non só polos efectos inmediatos do peche dos locais, senón pola incerteza de que pasará cando termine o estado de alarma e o confinamento. Moitos se temen que a xente non volverá xuntarse masivamente en bares, cafeterías, restaurantes ou pubs. Existe o medo a que para eles a crise prolónguese ata que exista unha vacina e sabemos que iso non será inmediato.
Cales son os principais medos ou dúbidas que asaltan agora mesmo ao autónomo ou ao pequeno empresario?
A primeira é a urxencia económica inmediata para facer fronte á cobranza de taxas, salarios, etc. Non poden facer fronte ás súas obrigacións e temen que lles volvan con recarga. A segunda preocupación é saber canto vai durar isto e como van subsistir todo este tempo, especialmente os que non ten ahorrros. E o tecero é o que pasará cando isto acabe, porque non podemos predicir como será o comportamento do cliente tras unha crise sanitaria desta magnitude.
Discussion about this post