Javier Vaquero, asesor: “Un dos grandes temores do autónomos é que pasará despois do confinamento”

Dende Vaquero Asesores tramítanse diariamente deceas de ERTEs e cesamentos de actividade dende que se iniciou a crise sanitaria. Creen que a xestión do Goberno está xerando máis incertezas que tranquilidade nos autónomos.

Son moitos os sectores que estes días están desbordados pola carga de traballo como consecuencia da crise sanitaria do coronavirus. Un deles é o das asesorías, que levan desde mediados do mes de marzo inmersos nun vórtice de decretos, normativas, ERTES e cuxo traballo está a ser fundamental para millóns de pemes de autónomos de todo o país.

Javier Vaqueiro, de Vaqueiro Asesores, é un destes traballadores que pode pulsar en primeira persoas cal está a ser a magnitude da crise económica colateral que vive o noso país e como está a afectar a millóns de persoas que traballan por conta propia.

Están a ser días de caos para o sector das asesorías?

Esa é a palabra, caótico. Desde o día 13 que se declarou o estado de alarma están a saír unha chea de normativas novas moi básicas, as cales temos que desmenuzar e ir sacando conclusións día a día para poder atender aos centos de autónomos e pemes que dependen de nós.

Como está a ser a xestión do Goberno neste sentido? Está a facilitar a adaptación destes traballadores á nova situación?

Creo que a todos colleulles a contrapié. O gran problema que vexo é que se están facendo anuncios moi xenéricos e sen contido. Están a lexislarse ata 3 e 4 días despois de realiazr os anuncios e a documentación para acceder a algunhas axudas están a publicarse ata 12 días máis tarde. Isto xera un gran desasosego entre os traballadores que viven ao día.

Ademais o que anuncian non coincide normalmente co que finalmente se lexisla e o que se lexisla tampouco está a coincidir co que interpreta. Por tanto temos unha triple desinformación.

Cal é o perfil dos vosos clientes?

Preto do 90% son autonómos que traballan eles sós ou cun ou dous traballadores, un 9,5% son empresas de máis de 40 traballadores e un 0,5% grandes empresas multinacionais. Por tanto, a inmensa maioría deles só sacan beneficios para pagarse o seu salario e o dos seus empregados. E isto non o está tendo en cuenta o Goberno.

E como contraprestación a quitarlles o seu salario están a darlles, só a uns poucos, unha prestación de 660 euros, que apenas chega, en moitos casos, para cubrir gastos de aluguer e consumibles.

Que está a pasar cos ERTES, estanse a aceptar?

Estivemos dúas semanas presentando os ERTES a cegas, sen saber quen podía acollerse e quen non. Normalmente a resposta está a ser ou favorable ou o silencio administrativo, que tras cinco días tómase como un si.  Pero hai unha gran incerteza porque a raíz do estado de alarma estas decisións centralizáronse no Goberno da nación, con todo as resolucións dos ERTE está a tramitalas a Xunta a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Temos agora a gran dúbida de se estes ERTES tramitados polas comunidades autónomas van ser válidos. Ata o de agora estamos a lle dicir aos clientes que actuen coma se fosen válidos, pero a incerteza é tremenda.

E que pasará coas axudas tras o cesamento de actividade?

É outra das grandes dúbidas coas que temos que convivir estes días. As mutuas víronse desbordadas con multitude de solicitudes de cesamentos de actividade. Nun principio había que presentar 7 meses de contabilidade para poder acceder ás axudas, pero despois sacaron un modelo simplicado co basicamente dicíanlle aos autonómos que se aprobarían todos os subsidios e despois estudaríase caso por caso se eran válidos. Peor a posteriori.

Isto xerou moita incerteza e temor. Moitos dos meus clientes di: despois vanme a obrigar a de devolver todo o recibido?

Estes días estades a exercer máis de psicólogos que de asesores?

Asbsolutamente. Estamos a ter conversacións de ata dúas horas con clientes que están realmente desesperados coa súa situación. Tamén é parte do noso traballo, escoitar os seus problemas, os seus queixumes, as súas incertezas. Hai que entender que a maioría viven ao día e non teñen aforros, así que estar sen salario supón unha auténtica desesperación.

Que sectores están a verse máis afectados?

Creo que o máis prexudicado por encima do resto son as axencias de viaxes. Foron os primeiros en padecer esta crise. Desde xaneiro xa empezou a baixar drasticamente a actividade e agora o prexuízo é dobre, porque ademais de non contratar ningunha viaxe están a ter que cancelar e devolver o diñeiro do contratado meses atrás. Ademais eles non están obrigados a pechar, polo que tiveron que manter a súa actividade.

O outro sector que vive con máis medo esta crise sanitaria é a hostalería. Non só polos efectos inmediatos do peche dos locais, senón pola incerteza de que pasará cando termine o estado de alarma e o confinamento. Moitos se temen que a xente non volverá xuntarse masivamente en bares, cafeterías, restaurantes ou pubs. Existe o medo a que para eles a crise prolónguese ata que exista unha vacina e sabemos que iso non será inmediato.

Cales son os principais medos ou dúbidas que asaltan agora mesmo ao autónomo ou ao pequeno empresario?

A primeira é a urxencia económica inmediata para facer fronte á cobranza de taxas, salarios, etc. Non poden facer fronte ás súas obrigacións e temen que lles volvan con recarga. A segunda preocupación é saber canto vai durar isto e como van subsistir todo este tempo, especialmente os que non ten ahorrros. E o tecero é o que pasará cando isto acabe, porque non podemos predicir como será o comportamento do cliente tras unha crise sanitaria desta magnitude.

Salir de la versión móvil