O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Julián Reina, acompañado por persoal municipal do seu departamento mantivo a comezos desta mesma semana un encontro con veciños de Pazos co fin de abordar o deseño final dos accesos ás súas vivendas, a colocación do diferentes servizos e resolver as dúbidas dos residentes con motivo das obras da ampliación da estrada de Pazos, que comenzaron no mes de xuño.
Á reunión, que tivo lugar no local social do barrio, acudiron máis dunha vintena de veciños. Unha vez analizadas as aportacións feitas polos propietarios das vivendas, a finais de semana o concelleiro e técnicos municipais percorreron parcela por parcela para comprobar de primeira man a localización definitiva dos accesos ás casas e do lugar polo que pasarán os servizos.
Ampliación da estrada de Pazos
As obras para a ampliación da estrada de Pazos rematarán a finais do mes de outubro e o importe ascende a de 396.911,84 euros, IVE incluído. As actuacións contempladas no proxecto consisten na mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria nun tramo de 540 metros, entre o cruce coa DP-3603 e a ponte sobre o río da Sardiña.
Ampliarase a plataforma actual da estrada dotándoa dun espacio diferenciado e seguro para o tránsito peonil pola marxe esquerda e proverase de servizos enterrados baixo a beirarrúa para substituír o entramado aéreo actual. Tamén se renovarán o mobiliario urbano e o alumeado, instalarase unha varanda para a protección dos viandantes e colocaranse novas marcas de sinalización viaria lonxitudinal e transversal.
A intervención na estrada de Pazos, nesta primeira fase que xa está en marcha, inclúe tamén a ampliación da mencionada ponte, unha construción de formigón armado que se ancheará con materiais similares e respectando o curso de auga. A sección hidráulica será mellorada con respecto á actual, pasando de 1,46 metros de altura útil a case 1,48- 1,50 e mantendo intacta a canle