Leve descenso dos casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Ferrol

Son 19 os doentes contaxiados por coronavirus a día de hoxe e só 2 están hospitalizados
DSC_2009peq

A área sanitaria de Ferrol segue aumentando día a día o número de doentes curados do coronavirus. A día de hoxe son xa 560 os casos non activos, é dicir, que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. Isto deixa un total de 19 contaxios activos por Covid-19 no conxunto das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, dous menos que onte. Ademais, o número de doentes ingresados no Marcide con complicacións segue sendo de tan só dous.

Hoxe cúmprense xa 21 días sen novos falecementos relacionados co coronavirus, polo que o número de vitimas mortais na área de Ferrol sitúase en 33, das cales 3 faleceron en residencias de maiores. Precisamente os centros da terceira idade levan xa unha semana sen rexistrar novos casos de Covid.

 

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.