Leve descenso nos contaxiados por Covid en Ferrol tras unha semana sen novos casos

O área sanitaria de Ferrol segue tendo unha das menores tasas de contaxios por 100.000 habitantes de Galicia

O área sanitaria de Ferrol volveu rexistrar un leve descenso no número de casos activos por coronavirus tras case unha semana sen rexistrar novos contaxios. Según os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública actualmente son 10 os casos rexistrados a día de hoxe, un menos que onte, e todos eles atópanse en illamento domiciliario.

Os hospitais de Ferrol levan xa tres semana sen casos activos e son 572 os veciños de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. As vítimas mortais relacionadas co coronavirus nas comarcas segue sendo de 33 falecidos, entre os que perderon a vida nas residencias de maiores (3) e nos hospitais (30).

A nivel autonómico, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 313, deles 70 son da área da Coruña, 52 da de Lugo, 20 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 128 da área de Vigo e 23 da de Santiago.

 

 

Salir de la versión móvil