Leve repunte dos contaxios por Covid-19 na área de Ferrol

Unha nova vítima mortal por coronavirus eleva os falecementos a 18 nas comarcas
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área sanitaria de Ferrol rexistrou hoxe un pequeno repunte no número de contaxios por coronavirus respecto ao día de onte. Son once novos casos rexistrados que deixan un total de 338 veciños que padecen ou padecero ata o momento o coronavirus. Son 11 máis que o domingo, polo que o incremento deste 3,3% está detro do crecemento medio de contaxios que se vén producindo dende o 1 de abril.

Dos positivos, 292 atópanse nos seus domicilios con sintomatoloxía leve e só 46 permanecen ingresados nos hospitais de Ferrol. Destes, 11 están máis graves nas unidades de coidados intensivos e o resto en planta.

O Sergas tamén informou dun novo falecemento por coronavirus. A nova vitima mortal é unha muller de 88 anos que permanecía ingresada no CHUF e que padecía patoloxías previas. Con ela son xa 18 os falecidos por coronavirus dende o inicio da crise.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.