Luís González, reelixido presidente de AJE Ferrolterra

O empresario repite no cargo co obxectivo de aumentar o número de asociados na comarca

A Asociación de novos empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal celebrou onte a Asemblea electoral, con única candidatura a Presidencia, do actual Presidente da entidade, Luís González Rey, que foi reelixido por Asemblea para o cargo durante outros catro anos.

Baixo a presidencia de Luís González, a entidade conta con 8 membros de Xunta directiva que continúan o seu mandato cos mesmos cargos que a lexislatura anterior. González e a directiva destacan “o crecemento e o constante labor de asesoramento e mentorización de proxectos da asociación nestes catro anos ao mando” e márcanse como obxectivo a medio prazo “o aumento do número de socios e o apoio constante de colectivo emprendedor para reactivar a economía das comarcas”.

Xornada de networking

AJE Ferrolterra no seu labor de facilitar contactos e sinerxias entre empresarios a través das súas xornadas de networking e de negocio proponse un maior esforzo en romper barreiras a nivel galego organizando máis xornadas entre as distintas AJES Galegas.

A primeira delas celebrarase este venres 28 de febreiro no Polígono Industrial de Bergondo, unha xornada denominada “Conectando Pemes” na que 50 empresas do tecido empresarial da Coruña poidan conseguir facer novos contactos e ampliar a nosa rede de networking nunha mañá. AJE Ferrolterra fletará un autobús gratuito que saldrá dende a parada de Correos ás 09:15 horas.

Salir de la versión móvil