Máis de 1.100 autónomos e pequenas empresas de Ferrol poderán cobrar as subvencións aportadas pola PAME

O Plan de Mellora da Empregabilidade destinará a estas axudas máis de 1,7 millóns de euros, aforrando 300.000 euros para unha posible segunda convocatoria

La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones

Un total de 1.141 autónomos e pequenas empresas de Ferrol terán dereito a cobrar as subvencións correspondentes ao Plan de Mellora da Empregabilidade (PAME). Así o recolle o informe da comisión de avaliación celebrada esta mañá do venres 24 de xullo.

O documento detalla que das 1.381 solicitudes presentadas, 364 estaban completas de inicio, 777 foron emendadas no prazo de subsanación, 14 están aínda condicionadas, 225 foron denegadas e nun só caso o interesado desistiu. Entre as causas onde as peticións son denegadas figuran as débedas pendentes coa Administración, superar a porcentaxe de redución de facturación, non estar dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua Profesional e en Facenda ou non presentar a documentación na fase de emenda.

Con estes datos, o importe comprometido para estas subvencións é de 1.707.630 euros dos dous millóns consignados, co que quedará un importe libre estimado de 292.370 euros. A intención do Concello é aproveitar estes fondos para abrir unha segunda convocatoria do PAME-Ferrol e así se poidan presentar quen non cumprían algún dos requisitos e teñan a posibilidade de solucionar esa situación. Tamén as persoas que non aportaron a documentación na fase de emenda ou que non solicitaron as axudas por calquera outra razón.

Salir de la versión móvil