Mañá 4 de agosto presentarase as listas provisionais de admitidos nas axudas escolares concedidas polo Concello de Ferrol

En caso de que exista algún erro na tramitación haberá un prazo de 10 días hábiles para subsanar, xa que hai más de 800 non admitidas
79341571_2651678018422920_2245219923787776_o

A concellería de Benestar Social publicará mañá as listas provisionais de admitidos e excluídos das axudas á escolarización e as becas de comedor escolar para o curso 2020-2021. Ao longo da mañá, poranse a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios do Concello, tanto no do pazo municipal como no da sede electrónica –www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios-.

Tras a publicación, o mércores abrirase un prazo de 10 días hábiles para alegar ou subsanar algun erro que evite a aprobación de ditas axudas. Para presentar a documentación no Rexistro municipal non será necesario solicitar cita previa. Así o acordaron os concelleiros de Benestar Social, Eva Martínez Montero, e de Organización Interna, Julián Reina, coa intención de axilizar este trámite do mesmo xeito que se fixo durante o prazo de presentación de solicitudes.

Dende o Concello avanzaron que se chegaron a recibir 505 peticións de becas comedor e 939 de axudas escolares. No primeiro caso foron concedidas 204 e 301 están pendentes de subsanación ou recurso. No tocante ás segundas, xa están a probadas 404. O resto dos solicitantes -535- deberán achegar documentación para completar o expediente ou alegar, segundo corresponda.

As axudas á escolarización están dirixidas aos menores de idade que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino do municipio para cursar educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional básica ou formación profesional de grao medio. A contía ascende a 95 euros por neno para a adquisición de material escolar, incluído o informático, ou roupa deportiva. O orzamento destinado a estas axudas ascende a 90.000 euros.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.