Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas dirixidas aos universitarios naroneses que acuden á UDC en bus

Estas subvencións cubren o 50% do bono bus para que os estudantes do campus coruñés poidan trasladarse diariamente cara as súas facultades
5b7c6c5c5dd02

Narón abrirá mañá xoves 10 de setembro o prazo de solicitudes de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña -UDC-, no Campus da Coruña, durante o curso académico 2020/2021.

Aforro do 50% do gasto

As subvencións cubren o 50% do bono bus para o traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 30 de setembro incluído, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil avanzou que a partida global do Concello para estas subvencións para o curso 2020/2021 ascende a 24.585 euros.

Requisitos previos

As persoas beneficiarias destas bonificacións deben estar empadroadas en Narón, figurar como matriculadas na Universidade da Coruña –campus da Coruña- non superar os umbrais de renda establecidos anualmente polo Ministerio de Educación e  que cumpran todos os requisitos desta convocatoria, que se poden consultar na páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Axudas-transporte-universitario-UDC.pdf.

As tramitacións destas bonificacións poden realizarse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- co modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar. Así mesmo, pódese facer a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.