Mar repoboará os bancos marisqueiros de Pontedeume, Cedeira, Barallobre e Miño

A consellería vén de aprobar unha subvención de 213.000 euros para actuar en preto de 500.000 metros cadrados de leito mariño para favorecer a rexeneración da ameixa

A Xunta subvenciona a repoboación de preto de 500.000 metros cadrados de bancos marisqueiros con distintos tipos de ameixa ao abeiro da convocatoria de axudas destinadas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción que se convocaron por primeira vez este ano con fondos procedentes da comunidade autónoma.

A repoboación será realizada con máis de 18 millóns de unidades de semente no marco de 19 proxectos desenvolvidos por diferentes confrarías de pescadores de Galicia e asociacións de marisqueo. Entre as entidades que se beneficiarán destas sementeiras están as confrarías de Pontedeume, Cedeira, Barallobre ou Miño.

En concreto, estes apoios aprobados por importe de máis de 213.000 euros e destinados as confrarías de pescadores e outras entidades asociativas do sector son para actuar sobre aquelas zonas nas que se teña constatada unha perda de produción das especies obxectivo polo menos nos últimos 12 meses anteriores á data de solicitude.

 

Salir de la versión móvil