Marián Ferreiro recibiu a integrantes do xurado do certame «Vilas en flor Galicia 2020»

O goberno local executará varias actuacións nos paseos de Freixeiro e Xuvia para mellorar a calidade dos seus espazos verdes, principal obxectivo deste proxecto
Reunión Vilas en Flor 1

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta tarde no Concello xunto co edil de Servizos, Ibán Santalla, a dous integrantes do xurado do certame «Vilas en flor Galicia 2020»: Isabel Aguirre, directora da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega, e Manuel Rodilla, arquitecto técnico cunha ampla traxectoria en recuperación de paisaxes culturais.

O Concello adheriuse o pasado mes de xuño a esta iniciativa, organizada pola Fundación Juana de Vega coa Asociación de viveristas de Galicia -Asvinor- e da Asociación Gallega de Empresas de Xardinería -Agaxear-.

Obxectivos do «Vilas en flor Galicia 2020»

Este proxecto aposta por poñer en valor os municipios galegos a través da calidade dos espazos verdes que se localizan nos mesmos. Pola súa banda, a rexedora local destacou o traballo que en materia de mantemento de zonas verdes se está realizando dende o goberno local, así como na habilitación de partidas para habilitar novos parques e xardíns no termo municipal, tanto na zona urbana como na rural.

Novidades nos paseos de Freixeiro e Xuvia

Así mesmo, Ferreiro avanzou algúns dos proxectos que se levarán a cabo na cidade en materia medioambiental, como a unión dos paseos de Freixeiro e Xuvia polo borde litoral e que contará con carril bici e zonas de esparcemento, entre outros servizos.

A maiores destas actuacións, ao longo do ano organízanse varias actividades con diferentes colectivos para concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar o medio ambiente.

Neste tipo de iniciativas implícase tamén a empresa concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes na cidade e tamén outras empresas que participan en actos organizados dende o propio Consistorio, como a Feira sectorial de Sedes, ou a Mostra da Camelia.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.