Mato reclama ao Goberno e a Navantia que deriven máis carga de traballo aos estaleiros da ría

O alcalde de Ferrol lamentou que Iberdrola e Windar non conten co estaleiro de Fene no último contrato da eólica mariña valorado en 200 millóns
90503024_2845864128843057_1939138018581413888_o

A carga de traballo nos estaleiros de Ferrol volve a dar que falar. Hoxe o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, expuso antes do pleno unha serie de esixencias directas cara o Goberno central presidido por Pedro Sánchez, o mesmo que fai escasos días otorgoulle ao estaleiro de Puerto Real o que desexaba, a construción dun Buque de Acción Marítima de Intervención Subacuática -BAM-IS-.

Esta era unha reclamación que facían os propios traballadores de Cádiz e que proporcionará en tres anos 167 millóns de euros, 1,3 millóns de horas de traballo e aproximadamente 1.115 postos de traballo anuais.

É por iso que o edil local solicita o mesmo compromiso que se tivo na bahía de Cádiz, poñendo especial atención á caída que experimentou Navantia tras a crise sanitaria, cun descenso no seu plantel de máis de 1.200 traballadores. «Nesta zona norte Navantia ten unha gran relevancia xa que funciona como o principal motor industrial», recalcaba Mato.

Por outra banda, quixo destacar tres aspectos fundamentais que conforman as súas reclamacións dirixidas ao goberno central: primeiro quixo lembrar a carga de traballo que proporcionará as F-110 e a necesidade de que todos os programas tecnolóxicos relacionados coas fragatas se realicen en Ferrol. A maiores, non se esqueceu da modernización as que se expoñerán proximamente as antigas fragatas F-100, feitas a comezos de século na factoría ferrolana.

Finalmente, mecionou as últimas adxudicacións entre Iberdrola e Windar na creación de Monopiles, onde a carga de traballo podería verse satisfeita se Navantia se esforzara en crear vínculos coa eólica mariña, ampliando así os seus servizos.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.