Meiras acolle «Letriska inmobile», unha actuación chea de troula e excentricidades

O vindeiro sábado poderase desfrutar dun espectáculo aloucado e cheo de xogos co público coa chegada dos novos pallasos a Meirás
unnamed

A compañía Isla Letriska ofrecerá este sábado o seu espectáculo de clown e malabares «Letriska inmobile» nas inmediacións da caseta de socorrismo da praia do Río en Meirás. Será a partir das 19.00 horas, nunha función incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

Como é habitual, as entradas poden retirarse na Oficina Municipal de Turismo de Valdoviño hoxe martes e mañá mércores de 11.00 a 17.00 horas e, o xoves, de 11.00 a 14.00 horas. Isla Letriska combina no seu espectáculo disciplinas de Novo Circo e clown con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e moi tolo sorprenderá a todos realizando proezas como incribles malabares, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público, cantar ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería. Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro. Dende o departamento municipal de Cultura lémbrase o uso obrigatorio da máscara para asistir á función.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.