Meirás verá reforzado o seu saneamento coas futuras obras na estación de bombeo da Cubeta

O goberno local vén de sacar a contratación as reformas, invertindo máis de 41.000 euros destinados á instalación das bombas e do subministro eléctrico da estación
shutterstock_477076873_1

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación as obras de extensión da rede eléctrica para dar subministro á estación de bombeo situada na Cubeta, en Meirás. Uns traballos a licitación cun orzamento de 41.649,24 euros a financiar con cargo aos fondos do POS Adicional 2019.

O prazo de execución das reformas é de 3 meses e o periodo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas está aberto ata o 30 de outubro, e tatno os pregos como o procedemento poderán consultarse na plataforma de contratación do sector público.

Melloras no saneamento de Meirás

A actuación posibilitará a posta en marcha da estación de bombeo da Cubeta, o que permitirá ampliar o servizo de saneamento aos lugares de Fornos e Pallotas, na parroquia de Meirás. Para iso, será preciso a instalación das correspondentes bombas.

De feito as bombas que había nun pasado foron sustraídas e o propio Consistorio tivo que tramitar a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Aínda así estas pezas nunca chegaron a funcionar posto que a instalación carecía de suministro eléctrico, unha situación que tamén se remediará con esta nova e esperada intervención.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.