Moeche celebra este martes pola tarde a súa festa de Entroido

Tamén volve o concurso de disfraces con premios nas categorías individual infantil, individual adulta
Arquivo - Entroido 2022 en Moeche | CÉSAR GALDO
Arquivo - Entroido 2022 en Moeche | CÉSAR GALDO

O día grande do carnaval vivirase en Moeche este martes, festivo local, nunha festa que terá lugar na nave do mercado a partir das 17:00h. A cita organizada polo Concello estará aberta a todos os públicos, aínda que dirixida especialmente á xente miúda, que contará con inchables, cama elástica e xogos ao ritmo da música.

Ademais tamén volve o concurso de disfraces con premios nas categorías individual infantil, individual adulta (máis de 12 anos) e grupos. Os premios entregaranse trala deliberación do xurado -a iso das 18:45h- e antes de rematar a tarde servirase chocolate con churros acabados de facer.

Pasado o carnaval, e encarando xa a primavera, a Comisión de festas de Abade 2023 organiza unha cea baile na Nave do Mercado. A parte gastronómica inclúe sopa de marisco, codillo asado, sobremesa, café e licor, ao prezo único de 20€. As nenas e nenos ata 12 anos terán menú infantil gratuíto. Da parte musical encargaranse Alberto Bellón e o Dúo D’Ases.

As reservas poden facerse ata o día 28 de febreiro chamando ao 669 433 488, 649 287 881 ou 664 215 573. Hai máis información na páxina de Facebook «Comisión Festas Abade 2023».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.