O Mercado de Moeche acollerá a presentación de «Historias de vida» con motivo do Día Internacional da Muller

A asociación veciñal de Labacengos tamén celebra o sábado unha cea de mulleres
espadela-1080x675

O Mercado de Moeche do próximo sábado 7 de marzo terá unha compoñente reivindicativa con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A partir das 11.30 horas na nave do Mercado de San Ramón presentarase a publicación do proxecto EspadELA “Historias de vida”, realizado pola Cooperativa Arabías no marco dos obradoiros de empoderamento feminino impartidos en Moeche e noutros municipios durante o pasado outono.

A publicación recolle as súas historias de seis mulleres que formaron parte deses obradoiros, relatos da vida e do cotián do rural, dúas delas veciñas de Moeche, Pili Carrodeguas e Eva Quetti. A obra impresa está deseñada por María Álvarez Hortas con fotografías de Lucía Catoira Pan.

A Asociación veciñal de Labacengos tamén celebra o Día Internacional da Muller organizando unha cea para a noite deste mesmo sábado. O punto de encontro é o Mesón A Esquina, nas Somozas, onde se servirá a partir das 21.30 horas un menú a base de entrantes -empanada da casa, tortilla, calamares, croquetas, pastelón e mexillóns á vinagreta- seguidos dun prato principal de peixe sapo en salsa, sobremesa e café. O prezo son 23 euros por persoa e pódese consultar se aínda queda algún sitio libre chamando ao 606 729 038 .

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.