Mugardos blinda aos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais

Os GES de Mugardos gozarán de novos traxes de intervención e contarán con substitutos para o periodo vacacional por vez primeira
Trajes GES

Nos últimos días materializáronse as xestións para dotar a todos os compoñentes do GES -Grupo de Emerxencias Supraminicipais- de traxes de intervención completos cun importe de case 18.000 euros, e confirmouse que segue a traballarse na procura de máis material que mellore e amplíe as intervencións, como cámaras térmicas, lanternas ou explosímetros.

Desde a Concellería de Persoal destacouse tamén a decisión de incorporar traballadores para cubrir as baixas e vacacións do persoal, permitindo así o respecto aos dereitos laborais da plantilla e a disposición de equipos completos para as intervencións. Esta proposta ven dada polas numerosas queixas que dende fais anos os membros dos GES presentaban, dende donde advertían que ás veces so contaban cunha persoa nos turnos.

Lembrouse tamén que nos novos orzamentos municipais aparece reflectida a débeda de máis de 100.000 euros que o concello ten cos membros do GES en concepto de horas extraordinarias.  O alcalde asegurou que cando se aproben definitivamente os orzamentos do 2020 procederase ao abono dos importes, e que dende o Concello traballarán para levar os servizos públicos municipais ao nivel de calidade que os o persoal dos GES e os veciños merecen.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.