Mugardos instala unha carpa no CEIP Unión Mugardesa pola Covid-19

A administración local invertiu na instalación dunha carpa duns 150 metros cadrados para ampliar o espazo reservado para o alumnado
Carpa 7

No día de onte domingo 27 de setembro o Concello de Mugrdos informou da aprobación por parte do goberno municipal da instalación dunha carpa duns 150 metros cadrados no CEIP Unión Mugardesa destinada a cubrir as necesidades plantexadas pola dirección do centro, e que esta xa está instalada co que os nenos e nenas poderán facer uso dela xa desde hoxe luns.

A carpa, que está previsto manter instalada durante todo o curso escolar se a dirección do centro así o estima oportuno, ten unas medidas de 10 x 15 metros, cunha porta de acceso de 5 metros e protección de escuma nos pilares para evitar golpes.

O uso previsto é a ampliación de espazo tanto para os días de choiva como para as merendas. Esta medida vén a sumarse a todas as accións desenvoltas desde a administración local neste inicio do curso 2020-2021 de xeito conxunto cos centros de ensino: contratación dunha empresa de limpeza, instalación de portarrollos, cesión de termómetros, reposición de material, posta en marcha do comedor escolar, adaptación das aulas de AL y PT, etc.

Outras medidas ofrecidas polo goberno municipal, como a instalación de ata 250 mamparas individuais nos pupitres do alumnado dos centros de Unión Mugardesa e Santiago Apóstol, non fixo falta desenvolvela logo de que finalmente as direccións dos centros non a considerasen necesaria.

A concelleira de Ensino, Begoña Roldós, quixo destacar que «o goberno municipal está a prescindir doutras accións para priorizar as actuacións nos centros educativos, para asíN poñer a disposición dos centros todos os medios materiais e recursos económicos dos que dispoñemos, co único obxectivo de que o curso escolar se desenvolva do mellor xeito posible”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.